|
Segue os consellos que vos propoñemos a continuación: |
|
|
1. Seremos puntuais. |
- Debemos chegar ó treito con tempo suficiente para estacionar correctamente o noso vehÃculo. A estrada adóitase pechar ó tráfico polo menos unha hora antes da saÃda do primeiro coche participante.
|
- Aparcaremos o noso vehÃculo sempre fóra da estrada evitando obstaculizar a circulación na mesma, xa que calquera acceso pódese converter nun percorrido de evacuación de feridos. De non ser asÃ, podemos atoparnos con que o noso vehÃculo foi retirado pola grúa. |
- Recorda que nos debe dar tempo ademáis a desprazarnos a pé ata un lugar seguro antes de que comece a carreira. |
|
2. Evitaremos a estrada para transitar, ver mellor ou animar. |
- Desprazarse polo percorrido coa carreira xa iniciada supón un grave perigo. |
- Os vehÃculos compiten ó lÃmite e en calquera momento pode producirse un accidente, polo que procuraremos interferir o mÃnimo posible nas traxectorias dos equipos participantes, xa que esperan atoparse coa estrada totalmente despexada. |
|
3. Seguridade nas especiais. |
- Debemos situarnos sempre en lugares elevados. |
- Evitaremos as zonas máis baixas que o nivel da estrada. |
- Cando escollamos o noso lugar, dende o que presenciaremos o espectáculo, nos aseguraremos de ter escapatorias. |
- Os nenos deberán estar en todo momento baixo a supervisión dos adultos. Recorda que son pouco conscientes do perigo e moi vulnerables. |
- Permaneceremos alerta dende o primeiro ata o último concursante. |
|
4. Colabora. |
- Segue as instrucións dos voluntarios e organizadores. Trátaos con educación e recorda que sen eles non serÃa posible este deporte. Acepta tódalas obrigas e peticións que che fagan sen discutir. Non son por antollo, son polo teu ben. |
- É posible que se produzan atrasos en caso de accidente. Non te desesperes. |
- Non rompas nin quites as cintas de seguridade, teñen a súa función. Permanece sempre por detrás delas pero recorda que non son un escudo salvavidas. |
- Evita o consumo excesivo de bebidas alcohólicas ou outros produtos que podan volverche irritable, inconsciente e incÃvico. Non perdas o control. |
|
5. Respeto ó medio ambiente.  |
- Deixaremos o entorno tal e como o atopamos. |
- Non arroxaremos obxectos ó percorrido. |
- Recorda que está prohibido acender fogueiras. |
- Do mesmo xeito que transportamos a comida, bebida, tabaco… dende o coche ata o treito en bolsas, podemos facelo á inversa, ou cando menos, deixalo recollido para facilitar a limpeza da zona. |
|
RECORDA que os organizadores poden suspender a celebración da proba se nalgún momento observan situacións potencialmente perigosas para deportistas e público. Non nos obrigues a tomar esta decisión. Detrás do que para ti é un espectáculo hai meses de traballo de decenas de persoas. |
|