cabeceira
Rallye Online
.
NovaCaixaGalicia
.
Tomymobile.es
.
Centro Comercial Odeón
Cartel 2011
GADIS
Concello de Narón
Deputación
Xunta de Galicia
Deporte Galego
Federación Galega de Automobilismo
Blog
PuntoGal
XXIV Rallye Cidade de Narón 2011
>> V Televisión
 
 


O XXIV Rallye Cidade de Narón foi o protagonista esta semana do programa Planeta RAS, que emitido por V Televisión, repasa os acontecementos de tódalas competicións automobilísticas que se celebran en Galicia.
 
 
> Publicado o: 19/06/2011
>> Clasificación Final
 
 


Incontestable triunfo dos irmáns Burgo no XXIV Rallye Cidade de Narón ós mandos do seu Ford Focus WRC05, asinando o mellor tempo en 6 dos 8 treitos que compoñían a proba e distanciando en máis de 45 segundos ós segundos clasificados, o equipo formado por Iván Ares e José Pintor, actuais líderes do campionato.



No terceiro caixón do podio remataron Fernando Rico e Sergio Martínez, que demostrando o seu coñecemento das especiais vencían no Grupo N e no trofeo TopTen Driver Pirelli por diante de Alejandro e Santiago Pais, que eran cuartos, e pechando o quinteto de cabeza clasificábanse Luis Penido e Nico Otero, sendo ademáis os mellores da X15.

Os primeiros entre os dúas rodas motrices serían Marcos Canedo e José Antonio Carro que impoñían o seu Citroën C2 na clase A7 ó dos locais Francisco Lago e Daniel Castro, os máis rápidos do Volante RACC.



Destacable tamén a carreira protagonizada por "Campolongo" e Juan García que rodaron en postos altos da xeral ó longo do día ata rematar 11º, gañando a Copa Kumho con facilidade e a X14 por diante duns combativos Ramiro González e Manuel Pico.



Dos case 130 participantes que tomaban a saída do rallye unicamente 73 o conseguían rematar, entre os cales hai que resaltar a Sergio Sánchez e Jacobo Suárez que vencían na clase X12 a bordo do Peugeot 205 Rallye co que encabezan a Copa Racing Sport, e ós irmáns Rubén e Daniel Gandoy, que acadando no seu pequeno Citroën AX GTI o 33º posto da xeral e 1º da clase X13, se impoñían no citado Trofeo.



Mención especial para os favoritos do público, Fran Rodríguez e Fran Prieto, que realizaron unha contínua exhibición de derrapaxes en cada curva do percorrido onde houbese un espectador e finalizando a carreira na 45ª posición, sendo o seu BMW 320i o primeiro vehículo de propulsión.




CLASIFICACIÓN FINAL OFICIAL

 
 
> Publicado o: 12/06/2011
>> Chamamento á Afección
 
 


Como tódolos anos, pedimos a colaboración de todos e cada un dos espectadores que se acheguen ás especiais a disfrutar deste espectáculo, rogando que actúen con civismo, situándose en lugares seguros, facilitando as tarefas ós voluntarios da organización, e sobre todo, respetando o medio ambiente e as propiedades dos veciños.

Por favor, necesitamos da axuda de todos vós para que non teñamos que votar os días seguintes recollendo un lixo que nunca debería estar alí, nin estraguedes as colleitas, peches das fincas, etc.

Moitas grazas por colaborar e a ver si entre todos conseguimos que esta proba se manteña no calendario.
 
 
> Publicado o: 09/06/2011
>> Complemento do Regulamento
 
 
Anunciamos as modificacións producidas no Cadro de Oficiais da proba.

Complemento Nº 4 - Cambios no Cadro de Oficiais
 
 
> Publicado o: 08/06/2011
>> Memorial Laricas
 
 


O ano pasado nos deixaba ós 37 anos de idade Gabriel Galego Graña, máis coñecido como “Laricas”, mentres competía no Autocross do Xacobeo.

Natural de Maciñeira, no concello de As Pontes, "Lari" participou nun total de 20 probas de Autocross, ademáis de 7 carreiras de Resistencia, obtendo no seu palmarés varios podios absolutos da categoría nas sucesivas tempadas que estivo competindo polos circuitos de terra en Galicia, sempre representando á escudería SIROCO Team Narón.

Malia que non se trataba dun piloto de rallyes tiñamos a obriga de rendir un pequeno homenaxe á figura deste home, afeccionado, veciño e compañeiro que perdimos de súpeto e que con un Trofeo simbólico, que será entregado ó piloto que asine o mellor tempo no treito que leva o seu nome, trataremos de recordar co maior dos respetos ós seus achegados.
 
 
> Publicado o: 07/06/2011
>> Radio Oficial
 
 


Un ano máis, o canle radiofónico Cadena Dial Rías Altas retransmitirá a proba en directo cun programa especial que emitirán ó longo da xornada, con entrevistas ós protagonistas no final de cada treito e informando con frecuencia ós seus oíntes das clasificacións que se vaian producindo.

Podes sintonizala na bisbarra de Narón no 98.5 da FM.
 
 
> Publicado o: 07/06/2011
>> Complemento do Regulamento
 
 
Para evitar os atascos que se viñan producindo na entrada ó Parque de Reagrupamento de mediodía no Centro Comercial ODEÓN, a organización autoriza a súa chegada ó control horario por adianto tanto no final da segunda sección coma ó final do rallye.

Neste mesmo comunicado indicamos a publicidade obrigatoria que terán que portar os concursantes nos seus vehículos.

Complemento Nº 3 - Entradas ODEÓN e Publicidade Facultativa
 
 
> Publicado o: 07/06/2011
>> Guía do Espectador
 
 



Un total de catro treitos a dobre paso constitúen os 98,7 quilómetros cronometrados desta nova edición do Rallye Cidade de Narón, e para facilitar o seu acceso facemos pública a Guía do Espectador, ademáis da súa Aplicación para Google Earth e o Mapa Xeral.
 
 
> Publicado o: 06/06/2011
>> Lista de Inscritos
 
 



O XXIV Rallye Cidade de Narón contará finalmente cun total de 129 equipos inscritos, tendo importantes ausencias entre os habituais dos diferentes Trofeos e Copas de Promoción, ademáis de clásicos equipos punteiros que se daban cita nesta proba, pero que son sustituídos por unha amplia representación local que conforma a metade da inscrición.

Poden descargar a Lista de Inscritos dende o menú de Espectadores.
 
 
> Publicado o: 02/06/2011
>> Complementos do Regulamento
 
 
As datas de recoñecemento dos treitos vense modificadas para facilitar a presenza de varios equipos e a ubicación das Verificacións Técnicas cambian o seu emprazamento, estando agora nunha zona máis tranquila e con moito espazo para deixar as plataformas. Así mesmo, aproveitamos para dar a coñecer os encargados das relacións cos participantes, indicando os lugares nos que os poderán atopar.

Complemento Nº 1 - Recoñecementos e Verificacións

Complemento Nº 2 - Relacións cos Participantes
 
 
> Publicado o: 01/06/2011
>> Inscricións Pechadas
 
 
Hoxe ás 20:00 finalizou o prazo de inscrición para o XXIV Rallye Cidade de Narón, recibindo a organización un total de 130 solicitudes.

Facemos publica a Lista de Preinscritos para que os espectadores coñezan os equipos que tomarán parte na proba e para que os participantes se poñan en contacto con nós en caso de ver algún dato erróneo.
 
 
> Publicado o: 31/05/2011
>> Inscricións Abertas
 
 
Ábrese o prazo de inscrión, ós pilotos inscritos no Campionato Galego de Rallyes 2011, para participar na XXIV edición do Rallye Cidade de Narón.

Para o resto dos pilotos comezará a partir das 10:00 horas do 6 de maio, tendo como data límite para inscribirse o día 31 ata as 20:00 horas.

Os equipos interesados poderán atopar o Boletín de Inscrición no apartado de Participantes para elaborar a súa solicitude.

Unha vez o teñan debidamente cumprimentado poderán enviárnolo ó correo electrónico correo@rallyenaron.org ou ben mediante Fax ó 981 39 11 11.
 
 
> Publicado o: 01/05/2011
>> Regulamento Particular
 
 
Dende o día de hoxe queda á súa disposición, na sección de Participantes, o Regulamento Particular do XXIV Rallye Cidade de Narón.

Dito documento foi aprobado o 12 de abril pola Federación Galega de Automobilismo, contando co Permiso de Organización número GA-016-RA.
 
 
> Publicado o: 14/04/2011
© SIROCO Team Narón 2012