cabeceira
Rallye Online
.
Tomymobile.es
.
Centro Comercial Odeón
Placa
Cartel 2012
Concello de Narón
Deputación
Xunta de Galicia
Deporte Galego
Federación Galega de Automobilismo
Planeta RAS
PuntoGal
Historia da Escudería
>> Introducción
 
 

- Decembro de 1984, realízase a primeira reunión para estudo de formación dunha Escudería.

- 9 de Xaneiro de 1985, acórdase formar unha Asociación Deportiva chamada SIROCO TEAM NARÓN.

- 8 de Febreiro de 1985, fanse os Estatutos e se inscribe na Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia co Nº 757 e na Federación Galega de Automobilismo co Nº 014.

a

 
 
>> Membros Fundadores
 
 
- Ramón Padín López (1º Presidente)
- José Manuel Fernández Álvarez
- Manuel Antonio Sueiras Durán
- José Ramón Padín Freire
- Germán Castrillón Permuy
- Jesús Fernando Padín Freire
- Juan Carlos Padín Freire
- Constantino Cao Varela
- José Manuel Araujo Piñeiro
- Alberto Sixto Lage
 
 
>> Membros Actuais
 
 
- Manuel Antonio Sueiras Durán (Presidente)
- Ángel Antonio Martínez Rodríguez (Vicepresidente)
- José Ramón Padín Freire (Secretario)
- Bernardo González Carballeira (Tesoureiro)
- Antonio Castro Lamas
- Jesús Fernando Padín Freire
- Juan Ricardo Costoya Gómez
- Eduardo Alonso Pita
- Brais Noval Barro
- Fernando Malo García
- José Santiago Cagiao Martínez
 
 
>> Resumo

- Ata o ano 1988, o único fin da Escuadra era a participación no Campionato Galego de Rallyes sobre Asfalto e o Campionato de España de Rallyes sobre Terra, nos cales, á parte dos logros individuais conseguidos polos distintos pilotos que defendían as cores do SIROCO TEAM NARÓN, logrouse o Triunfo Absoluto no Campionato Galego de Rallyes para Escuderías e Departamentos de Competición no ano 1987.

a

- Dende o ano 1988, ademáis de seguir participando nos distintos Campionatos Galegos de Rallyes sobre Asfalto, Terra, Montaña, Slalom e algunha incursión en Karting e Autocross, comézase coa organización do RALLYE de NARÓN, en principio puntuable para o Campionato Galego de Rallyes sobre Terra (as 6 primeiras edicións) no cal se consegue ser a proba máis puntuada dentro da Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1990 ao 1993, e logo para o Campionato Galego de Rallyes sobre Asfalto (a partir de 1994), obtendo tamén o máximo coeficiente no ano 1998, e dende entón ata a actualidade conseguimos mantelo. No ano 1994 logrouse o Triunfo Absoluto no Campionato Galego para Escuderías e Departamentos de Competición por segunda vez, sete anos despois.

a

- Na tempada 2001, obtense a máxima puntuación outorgada pola Federación Galega de Automobilismo a tódolos Rallyes celebrados na Comunidade Galega. Na Gala do Deporte do Concello de Narón esta Asociación é elixida como o mellor clube de Narón. Do mesmo xeito, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia elíxenos mellor clube galego do ano 2001 dentro do apartado de automobilismo. No mes de Xuño dese mesmo ano, inaugúrase a nova sede social, sita na Rúa Río Vespasante, Nº19 Baixo D, en Piñeiros (Narón).

- Nos anos 2002, 2003 e 2008 acádase por 3ª, 4ª e 5ª vez o Triunfo Absoluto no Campionato Galego para Escuderías e Departamentos de Competición.

a

© SIROCO Team Narón 2012